Esta materia afonda no traballo de tradución de textos do francés ao español. Traballarase con textos cun grao de complexidade elevado tanto desde o punto de vista lingüístico como dos contidos. Isto servirá de iniciación á tradución de textos de distintas especialidades que serán parte da oferta das materias de tradución especializada do 4º curso do grao.