Traballos de aula |
Realización de diversas actividades (exercicios prácticos, revisión e preparación de encargos ou proxectos de tradución, etc.) deseñadas para o desenvolvemento dos obxectivos do programa. Realízanse na aula, coa supervisión dos docentes.
Traballarase combinando o traballo individual co traballo en grupo. Concíbense como talleres cuxa finalidade é realizar unha simulación selectiva das condicións de traballo propias da práctica profesional, aínda que tendo en conta que estamos nunha fase de aprendizaxe. Poden estar vinculados ao desenvolvo actividades autónomas do estudante
|
Actividades introdutorias |
Sesión presencial inicial na que:
1) preséntanse os diferentes aspectos da materia en relación con: contidos (contextualizados no módulo e no grao), planificación e metodoloxía docente e sistema de avaliación;
2) resólvense posibles dúbidas en relación con estas cuestións;
3) realízase unha avaliación diagnóstica (con fins informativos, sen repercusión na avaliación final).
|