Esta materia parte dun nivel intermedio, que permite unha progresión relativamente rápida tanto no dominio gramatical da lingua como no dominio das competencias orais. Darase especial atención á cultura desta lingua, así como a destrezas tradutolóxicas, que servirá como unha boa base para seguir profundando nos coñecementos do alemán do curso anterior, procurando prestar maior atención á
progresión das destrezas orais.