Nesta materia preténdese que o alumnado adquira coñecementos intermedios das lingua e culturas de expresión portuguesa ata o nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas.
Aviso importante para alumnado de intercambio (Erasmus): O ensino de Lingua Portuguesa na UVigo diríxese a un alumnado que ten o galego e/ou castelán como lingua materna, de maneira que a progresión é rápida. Non se recomenda ao alumnado de intercambio que non teña un nivel de B2 nestas linguas e un A2 (como mínimo) en lingua portuguesa matricularse nesta materia.