Esta materia parte dun nivel medio-alto, que permite unha profundización dos coñecementos gramaticais, léxicos e culturais así como tamén un maior dominio das competencias orais. Dáse especial atención á cultura desta lingua, así como a destrezas traductolóxicas, o que servirá como unha boa base para seguir profundizando nos coñecementos de alemán adquiridos no curso anterior, procurando prestar maior atención á progresión das destrezas orais e da tradución inversa.