Recoméndase ter coñecementos básicos do idioma alemán equivalentes a 12 créditos desta materia (A1.1.; A1.2)
Recoméndase a asistencia ás clases e o traballo regular.
Recoméndase o uso dos resursos da biblioteca.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñocemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. |