O "Traballo de fin de grao" (TFG) é un traballo persoal que o discente debe facer de maneira autónoma baixo a titorización dun/ha docente da Facultade con docencia no grao. O TFG está orientado á avaliación das competencias asociadas ao título (Real Decreto 1393/2007). Xa que é un requisito para a graduación, debe entenderse como unha oportunidade de aprendizaxe que ilusione antes que coma un mero trámite.