Na aula faremos lecturas e comentarios dos textos máis salientables, dedicándolle a última parte de cada unha das sesións, que o alumnado deberá completar con outras lecturas e comentarios suxeridos.
Traballos tutelados
O alumnado deberá realizar ao longo do curso un conxunto de breves traballos que se irán sinalando segundo se vaia desenvolvendo a dinámica da docencia.
Sesión maxistral
O desenvolvemento da aula farase a partir de explicacións sobre cada tema nas que se vaian introducindo tamén os textos pertinentes.