Prevense dúas posibilidades de avaliación: continua e única. A primeira, recomendada para todo o alumnado, prevé as actividades que se describen na táboa anterior. A consecución das diferentes metodoloxías da avaliación continua prevese de xeito preferente de acordo co seguinte cronograma: - Resolución de problemas e / ou exercicios: entre as semanas 2ª e 13ª do cuadrimestre, de acordo co desenvolvemento dos contidos. - Traballos tutelados: a súa escolla farase antes do 2 de novembro. As exposicións orais poderán realizaranse entre as semanas 9ª e 13ª. As datas concretas acordaranse en clase. - Debates: realizanse nalgunha das sesións das semanas 4ª e 8ª - Proba de resposta curta: na semana 14ª. O alumnado que decida non acollerse a este tipo de avaliación fará un exame global de toda a materia, que coincidirá preferentemente cunha hora de clase da derradeira semana lectiva do cuadrimestre. Ao principio de curso debe escollerse o sistema a seguir. Todo o alumnado que non supere a materia satisfactoriamente ao final do cuadrimestre terá unha segunda oportunidade na convocatoria final do mes de xullo. Tanto para o alumnado de avaliación continua como para o de avaliación única esta constará dunha proba escrita sobre os contidos da materia, cunha parte conceptual e outra de razoamento e argumentación. Agárdase de todo o alumnado o máximo rigor no respecto ás normas éticas do traballo. No caso de detectárense prácticas de copia e/ou plaxio, a penalización poderá supoñer o suspenso da materia. |