Nesta materia practicarase a edición de textos antigos e contemporáneos en galego e en español. Analizaranse, sobre textos relevantes da tradición galega e española, os moi diversos problemas que implica a edición de textos. Exercitarase a lectura de manuscritos antigos. Farase un percorrido de carácter eminentemente práctico pola historia da edición de textos. Finalmente, tratarase das mudanzas provocadas polo uso das novas tecnoloxías na edición de textos, así como dos novos soportes (e xéneros?) para os textos literarios.