Na primeira edición das actas haberá dous procedementos de avaliación. 1. Avaliación continua. Só para os alumnos que asistan regularmente ás aulas e participen das actividades propostas. Por tratarse dunha materia de eminente carácter práctico, valorarase a intervención atinada do alumnado, tanto nos debates coma nos estudos de caso e outros traballos que se propoñan. 2. Avaliación única. Para os alumnos que non asistan regularmente ás aulas ou que aínda asistindo escollan esta modalidade, haberá dúas probas de avaliación: a. Un traballo de edición crítica dun texto, que se asignará ao comezar o cuadrimestre e deberá ser entregado na segunda semana de xaneiro (50% da nota). É responsabilidade co alumnado contactar co profesor para marcar o tema do traballo. b. Un exame teórico e práctico de lectura de manuscritos e de edición de textos que se realizará na segunda semana de xaneiro (50% da nota). Na segunda edición das actas (xullo) haberá dúas probas de avaliación: a. Un traballo de edición crítica dun texto, que deberá ser solicitado ao profesor con antelación suficiente (un mes como mínimo) (50% da nota). É responsabilidade co alumnado contactar co profesor para marcar o tema do traballo. b. Un exame teórico e práctico de lectura de manuscritos e de edición de textos (50% da nota). OBS: Tanto na avaliación única coma na convocatoria de xullo deberán ser superadas ambas as probas, traballo e exame, para poder aprobar a materia. |