A materia Comunicación nos medios (en español e galego) busca dar a coñecer aos discentes a repercusión que os medios de comunicación audiovisuais e escritos teñen en diferentes ámbitos sociais e lingüísticos como a construción da identidade social, a creatividade e difusión lingüística ou no relativo á súa capacidade para prestixiar variedades e usos lingüísticos determinados. Nesta materia tamén se ofrecerán as bases metodolóxicas fundamentais para que os alumnos e alumnas realicen análises sistemáticas e críticas do discurso en galego e español presente na actualidade nos medios de comunicación.