Código |
Descrición |
B1 |
Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas coma enfermas, no medio natural e social. |
B2 |
Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia. |
B3 |
Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita, a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde. |
B5 |
Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais. |
B6 |
Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente. |
B7 |
Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia. |
B8 |
Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario. |
B12 |
Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde. |
B14 |
Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións. |
B15 |
Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica. |
B18 |
Adquirir habilidades de xestión clínica que inclúan o uso eficiente dos recursos sanitarios e desenvolver actividades de planificación, xestión e control nas unidades asistenciais onde se poña atención en fisioterapia e a súa relación con outros servizos sanitarios. |
B19 |
Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais. |
C6 |
Coñecer e comprender os principios e teorías da física, a biomecánica, a cinesioloxía e a ergonomía, aplicables á fisioterapia |
C9 |
Coñecer e comprender a aplicación dos principios ergonómicos e antropométricos |
C11 |
Coñecer e comprender as teorías da comunicación e das habilidades interpersonais |
C16 |
Coñecer e comprender os cambios estruturais, fisiolóxicos, funcionais e de conduta que se producen como consecuencia da intervención da Fisioterapia |
C35 |
Valorar o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais |
C36 |
Determinar o Diagnóstico de Fisioterapia de acordo coas normas recoñecidas internacionalmente e cos instrumentos de validación internacionais. Esta competencia inclúe xerarquizar as necesidades do paciente/usuario para atender con prioridade aquelas que máis comprometan ao proceso de recuperación |
C37 |
Deseñar o Plan de Intervención de Fisioterapia. Elaborar un Plan específico de Intervención de Fisioterapia empregando habilidades de resolución de problemas e razoamento clínico: en consonancia cos recursos dispoñibles; formulando os obxectivos de intervención co usuario e, no seu caso, coas persoas significativas do seu entorno, recollendo as súas expectativas respecto da atención; seleccionando os protocolos ou procedementos máis adecuados á atención planificada, atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia |
C38 |
Executar, dirixir e coordinar, o Plan de Intervención de Fisioterapia, atendendo ao principio da individualidade do usuario e utilizando as ferramentas terapéuticas propias da Fisioterapia, é dicir, o conxunto de métodos, procedementos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación dos medios físicos: curan, recuperan, habilitan, rehabilitan, adaptan e readaptan ás persoas con deficiencias, limitacións funcionais, discapacidades e minusvalías; preveñen as enfermidades e promoven a saúde ás persoas que queren manter un nivel óptimo de saúde |
C42 |
Intervir nos ámbitos de promoción da saúde e prevención da enfermidade |
C44 |
Incorporar á cultura profesional os principios éticos e legais da profesión |
C45 |
Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional |
C49 |
Afrontar o estrés, o que supón ter capacidade para controlarse a si mesmo e controlar a contorna en situacións de tensión |
C51 |
Motivar a outros. O que supón ter a capacidade de xerar nos demais o desexo de participar activamente e con ilusión en calquera proxecto ou tarefa |
C52 |
Aplicar os principios ergonómicos ou de hixiene postural no desenvolvemento da súa actividade |
D1 |
Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma. |
D2 |
Capacidade de análise e síntese. |
D3 |
Capacidade de organización e planificación. |
D4 |
Capacidade de xestión da información |
D5 |
Resolución de problemas |
D6 |
Toma de decisións |
D7 |
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo |
D9 |
Compromiso ético |
D10 |
Traballo en equipo |
D11 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
D12 |
Razoamento crítico |
D13 |
Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade. |
D15 |
Aprendizaxe autónoma |
D16 |
Motivación por a calidade. |
D17 |
Adaptación a novas situacións |
D18 |
Creatividade |
D19 |
Iniciativa e espírito emprendedor |
D23 |
Traballar con responsabilidade |
D24 |
Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora |
D25 |
Manifestar respecto, valoración e sensibilidade ante o traballo dos demais |
D27 |
Manifestar discreción |
D28 |
Mostrar a súa orientación ao paciente/usuario |
D29 |
Axustarse aos límites da súa competencia profesional |
D30 |
Desenvolver a capacidade para organizar e dirixir |