Prácticas de laboratorio |
Utilizarase a demostración experimental, a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e adestramento sistemático. O profesor fará a demostración de como se debe realizar a valoración e/ou o protocolo de tratamento, a continuación os alumnos realizarán por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo profesor e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Na corrección terase en conta por unha parte a posición do usuario/paciente, as tomas e contratomas realizadas, así como a execución da manobra e por outra parte a altura da mesa de tratamento e a postura do alumno que está a realizar a práctica. Así mesmo, terase en conta a actitude do alumno. |
Traballos tutelados |
Os alumnos deberán elaborar,asistir a titorias, expoñer e defender un traballo. Utilizarase a Plataforma Tem@.
|
Presentacións/exposicións |
Exposición e defensa por parte do alumno ante o docente e os estudantes do traballo tutelado.
|