Probas de tipo test |
1.- O alumnado ten que se dar de alta no Servizo de Teledocencia: FaiTIC (plataforma TEMA), cubrir a ficha virtual: aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través del, para o correcto seguimento da materia.
2.- Titorías:
Poden realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Lévanse a cabo no despacho e no horario indicado nel e na guía docente, sendo de 6 horas á semana. Tamén poden realizarse por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado indicando no asunto: TITORÍAS, ou a través da FaiTIC. |