Existen dous sistemas de avaliación. A elección dun sistema exclúe ao outro.
Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é necesario asistir ao 80% das horas presenciais con aproveitamento e participación. Aquel/a alumno/a que non alcance dito porcentaxe, perderá esta opción.
Os alumnos que se acollan á avaliación continua se lles computarán un 60% da cualificación final cos traballos e probas do curso, e un 40% cunha proba final. Necesitarase un 50% de cada unha das partes para superar a materia.
Os traballos solicitados deberán entregarse ou presentarse nos prazos e datas marcados. A non realización dos traballos solicitados ao longo do curso computaranse cunha cualificación de cero puntos.
Valorarase a participación nas actividades de clase, realización de exercicios prácticos, preparación e entrega de traballos para completar a unidade didáctica abordada, exposicións orais e traballos extraordinarios.
A avaliación única (avaliación non continua) consistirá nunha proba global final que se realizará na mesma data que a proba oficial do alumnado que se acolla á avaliacion continua. Consistirá nunha proba escrita (50%) e unha exposición oral (50%). A exposición oral terá lugar a continuación da proba escrita.
En relación coa convocatoria de xullo, manteranse como superadas as partes da materia que fosen previamente aprobadas na convocatoria anterior.
|