Probas de resposta curta |
Exame teórico de 10 preguntas cortas (duración máxima de 2 horas). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,6 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, o exame teórico constará de dous bloques e en cada un deles haberá que acadar un mínimo dun 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co resto dos bloques. |
40 |
|
B2 B3 B5 B6 B19
|
C7 C8 C14 C16 C18 C20 C36 C42
|
D1 D15
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 4 supostos (sesenta minutos de duración; deses sesenta minutos, unha das preguntas de masaxe consistirá en aplicar unha masaxe sobre unha zona corporal durante 20 minutos). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso.
Todas as preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos, pero cun peso diferente dentro do exame práctico. Así, a pregunta longa de masaxe suporá o 50% da cualificación final no exame práctico, o 25% a pregunta de hidroterapia, o 15% a de magnetoterapia/fototerapia e o 10% a de masaxe curta/termoterapia/crioterapia.
Para poder realizar o exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico. Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno da comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico, non se pode acadar menos de 2 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, en ningunha dos dous bloques de que se compoña o exame práctico poderase acadar menos dun 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co resto das partes.
|
50 |
|
B3 B5 B6 B9 B14 B15 B19
|
C14 C18 C35 C36 C38 C39 C41 C44 C49 C51 C52
|
D1 D6 D9 D13 D16 D17 D28 D29 D30
|
Traballos e proxectos |
Á hora de avaliar o traballo tutelado, esta valoración incluirá a valoración do propio traballo entregado por cada grupo, así como a análise feita dos dous grupos que se teña que valorar. Así, o 40% da puntuación do traballo dependerá dos resumos feitos, o 30% os comentarios sobre os propios resultados atopados nos artigos e o outro 30% pola análise da información aportada polos dous grupos que lles correspondeu valorar.
A realización do traballo é obrigatoria para superar a materia. Ao mesmo tempo, para a superación do traballo, será imprescindible asistir ás titorías, así como presentalo nas datas establecidas ao inicio do cuadrimestre.
O traballo terá que ser entregado en soporte informático ao profesor, empregando para iso a plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/), subindo o conxunto do traballo ao espazo indicado polo profesor responsable dos traballos.
O traballo considerase superado se se acada, polo menos, 0,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a facer media cos exames teórico e práctico, o alumno debe acadar cando menos 0,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
|
10 |
|
B15 B19
|
C18 C21 C45
|
D1 D2 D3 D4 D5 D7 D10 D11 D12 D13 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D23 D24 D25 D27 D30
|