Código |
Descrición |
B2 |
Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia. |
B3 |
Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita, a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde. |
B5 |
Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais. |
B6 |
Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente. |
B9 |
Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados. |
B14 |
Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións. |
B15 |
Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica. |
B19 |
Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais. |
C7 |
Coñecer e comprender as bases físicas dos distintos axentes físicos e as súas aplicacións en Fisioterapia |
C8 |
Coñecer e comprender os principios e aplicacións dos procedementos de medida baseados na biomecánica e na electrofisioloxía |
C14 |
Coñecer e comprender os conceptos de exploración física, valoración, diagnóstico e pronóstico; as bases teóricas das valoracións, test e comprobacións funcionais, a avaliación científica da súa utilidade e efectividade, así como as etapas e recursos do proceso de intervención de fisioterapia |
C16 |
Coñecer e comprender os cambios estruturais, fisiolóxicos, funcionais e de conduta que se producen como consecuencia da intervención da Fisioterapia |
C18 |
Coñecer e comprender os procedementos fisioterapéuticos xenerais e os derivados doutros axentes físicos |
C20 |
Adquisición de vocabulario propio no campo da Fisioterapia |
C21 |
Adquirir formación científica básica en investigación |
C35 |
Valorar o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais |
C36 |
Determinar o Diagnóstico de Fisioterapia de acordo coas normas recoñecidas internacionalmente e cos instrumentos de validación internacionais. Esta competencia inclúe xerarquizar as necesidades do paciente/usuario para atender con prioridade aquelas que máis comprometan ao proceso de recuperación |
C38 |
Executar, dirixir e coordinar, o Plan de Intervención de Fisioterapia, atendendo ao principio da individualidade do usuario e utilizando as ferramentas terapéuticas propias da Fisioterapia, é dicir, o conxunto de métodos, procedementos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación dos medios físicos: curan, recuperan, habilitan, rehabilitan, adaptan e readaptan ás persoas con deficiencias, limitacións funcionais, discapacidades e minusvalías; preveñen as enfermidades e promoven a saúde ás persoas que queren manter un nivel óptimo de saúde |
C39 |
Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento de Fisioterapia en relación aos obxectivos marcados e aos criterios de resultados establecidos. Para iso será necesario: definir e establecer os criterios de resultados; realizar a valoración da evolución do paciente/usuario; rediseñar os obxectivos segundo a valoración, si é preciso; e adecuar o plan de intervención ou tratamento aos novos obxectivos, no seu caso |
C41 |
Proporcionar unha atención de Fisioterapia de forma eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes/usuarios, para o que será necesario: Interpretar as prescricións facultativas; preparar o entorno en que se levará a cabo a atención de Fisioterapia para que sexa confortable; manter informado ao paciente do tratamento que se lle aplica, explicándolle as probas e manobras que se lle practican, a preparación que requiren, e exhortarlle a que colabore en todo momento; rexistrar diariamente a aplicación da atención en Fisioterapia, a evolución e os incidentes da mesma; identificar signos e síntomas de alteración das funcións biolóxicas relacionados coa atención de Fisioterapia; controlar e interpretar os signos vitais durante a execución do tratamento diario; orientar as actividades e modo de actuación en relación cos pacientes/usuarios, do persoal non sanitario e subalterno; e avaliar a propia atención proporcionada aos pacientes/usuarios |
C42 |
Intervir nos ámbitos de promoción da saúde e prevención da enfermidade |
C44 |
Incorporar á cultura profesional os principios éticos e legais da profesión |
C45 |
Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional |
C49 |
Afrontar o estrés, o que supón ter capacidade para controlarse a si mesmo e controlar a contorna en situacións de tensión |
C51 |
Motivar a outros. O que supón ter a capacidade de xerar nos demais o desexo de participar activamente e con ilusión en calquera proxecto ou tarefa |
C52 |
Aplicar os principios ergonómicos ou de hixiene postural no desenvolvemento da súa actividade |
D1 |
Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma. |
D2 |
Capacidade de análise e síntese. |
D3 |
Capacidade de organización e planificación. |
D4 |
Capacidade de xestión da información |
D5 |
Resolución de problemas |
D6 |
Toma de decisións |
D7 |
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo |
D9 |
Compromiso ético |
D10 |
Traballo en equipo |
D11 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
D12 |
Razoamento crítico |
D13 |
Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade. |
D15 |
Aprendizaxe autónoma |
D16 |
Motivación por a calidade. |
D17 |
Adaptación a novas situacións |
D18 |
Creatividade |
D19 |
Iniciativa e espírito emprendedor |
D20 |
Liderado |
D23 |
Traballar con responsabilidade |
D24 |
Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora |
D25 |
Manifestar respecto, valoración e sensibilidade ante o traballo dos demais |
D27 |
Manifestar discreción |
D28 |
Mostrar a súa orientación ao paciente/usuario |
D29 |
Axustarse aos límites da súa competencia profesional |
D30 |
Desenvolver a capacidade para organizar e dirixir |