Código |
Descrición |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
C2 |
Coñecemento da relación existente entre a evolución tecnolóxica e industrial e a linguaxe audiovisual, tendo en conta os conceptos teórico prácticos das representacións visuais e auditivas, os sistemas de comunicación e transmisión de conceptos e as súas realidades, así como os valores simbólicos e culturais básicos que favorezan unha correcta interpretación e análise dos signos ou códigos da imaxe en toda a súa extensión. |
C11 |
Coñecemento da imaxe espacial e das representacións icónicas no espazo, tanto na imaxe fixa como audiovisual, así como os elementos constitutivos da dirección artística. Estes coñecementos tamén envolven as relacións entre imaxes e sons desde o punto de vista estético e narrativo nos diferentes soportes e tecnoloxías audiovisuais. |
C12 |
Coñecemento da planificación sonora e das representacións acústicas do espazo, así como os elementos constitutivos de deseño e a decoración sonora (“sound designer”) Estes coñecementos tamén envolverán a relación entre os sons e as imaxes desde o punto de vista estético e narrativo nos diferentes soportes e tecnoloxías audiovisuais. Tamén se inclúen os modelos psicolóxicos especificamente desenvolvidos para a comunicación sonora e a persuasión a través do son. |
C14 |
Capacidade para crear e dirixir a posta en escena integral de producións audiovisuais cinematográficas e videográficas, responsabilizándose da posprodución, dirección de actores e axustándose ao guión, plan de traballo e orzamento previo. |
C16 |
Capacidade e utilización das técnicas e procesos na organización da produción fotográfica, así como as técnicas e procesos de creación no campo da imaxe fixa en xeral tanto en entornos analóxicos como dixitais. |
C33 |
Capacidade para asumir o liderado en proxectos que requiran recursos humanos e de calquera outra natureza, xeríndoos eficientemente, asumindo os principios da responsabilidade social. |
D2 |
Capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común encamiñado á obtención de resultados |
D3 |
Capacidade para asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos. |
D6 |
Orde e método: habilidade para a organización e temporalización das tarefas, realizándoas de xeito ordenado adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual |
D7 |
Conciencia solidaria: respecto solidario polas diferentes persoas e pobos do planeta, polos valores universais de educación, cultura, paz e xustiza, e polos dereitos humanos, a igualdade de oportunidades e a non discriminación de mulleres e persoas con discapacidade |
D8 |
Sensibilidade, respecto e necesidade de conservación do patrimonio cultural e audiovisual de Galicia e do mundo |