Sesión maxistral |
Exposición do profesor dos contidos da materia coas explicacións pertinentes relativas ás bases teóricas que a sustentan e ás directrices dos traballos, exercicios ou proxectos que os estudantes deben levar a cabo. |
Seminarios |
Actividades centradas en temas concretos que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Complementan as clases teóricas e favorecen a práctica da lingua oral e a exercitación na exposición pública. Para o caso un alumno ou un grupo preparará algún dos subtemas que aparecen no programa fóra da clase con bibliografía axeitada. Os seminarios tamén se poden utilizar para expoñer os avances dos traballos tutelados. |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Asistencia a conferencias, charlas ou outro tipo de eventos relacionados co ámbito da comunicación audiovisual e rexistro de notas ou apuntamentos destacados das exposicións dos participantes. |