O inicio do curso, os alumnos deberán manifestala sua intención -ou non- de acollerse o sistema de avaliación contínua. .Primeira oportunidade de exame (convocatoria de maio) A. Os alumnos que se acollan o sistema de avaliación continua deberán asistir regularmente as clases presenciais ( mínimo dun 80%). O sistema de avaliación continua esixirá, en todo caso, cumprir co a referida asistencia mínima e, ademais, requerirá unha participación activa e regular nas explicacións, exposicións e actividades/exercicios propostos que, de forma eventual e aleatoria, poderán ser recollidos polo profesor. Estas actividades representarán un 55% da cualificación global. O 45% restante da cualificación virá determinado pola PROBA FINAL , que consistirá nuha parte teórico-práctica co as características descritas. B. Os alumnos que non se acollan o sistema de avaliación continua deberán somerterse a unha proba final obxectiva (exame final) que representará o 100% da súa calificación. Constará dunha parte teórica e unha parte práctica. A parte teórica representará o 60% do total da cualificación, e a parte práctica o 40% restante. .Segunda oportunidade de exame (convocatoria de xullo) No exame da convocatoria de xullo os alumnos serán avaliados en base a unha única PROBA FINAL, que representará o 100% da cualificación global, e consistirá nuha parte teórica e unha parte práctica. A parte teórica representará o 60% do total, e a parte práctica o 40% restante. . FIN DE CARREIRA No exame de fin de carreira a avaliación será do mesmo carácter e natureza que na segunda oportunidades de exame, como se detalla no párrafo anterior. DATAS DAS PROBAS DE AVALIACIÓN As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015/2016. |