1.ª oportunidade de exame (maio): O alumno que queira acollerse ao sistema de avaliación continua deberá manifestar a súa vontade neste sentido asinando un documento que se lle presentará a tal efecto nas primeiras semanas de clase por parte do profesor. O alumno que non se acolla á avaliación continua terá dereito a un exame final (na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade) que constará dunha pregunta de
desenvolvemento e 20 preguntas tipo test con catro alternativas e unha
correcta, no que haberá que responder correctamente polo menos a 15 preguntas. Este exame representará o 100% da cualificación. 2.ª oportunidade de exame (xullo): Para todos os alumnos consistirá nun exame final (na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade) que constará dunha pregunta de
desenvolvemento e 20 preguntas tipo test con catro alternativas e unha
correcta, no que haberá que responder correctamente polo menos a 15 preguntas. Este exame representará o 100% da cualificación. Convocatoria fin de carreira: O alumno que se matricule na convocatoria de fin de carreira desta materia será avaliado conforme a un exame (na data e lugar aprobados pola Xunta de Facultade) que constará dunha pregunta de
desenvolvemento e 20 preguntas tipo test con catro alternativas e unha
correcta, no que haberá que responder correctamente polo menos a 15 preguntas. Este exame representará o 100% da cualificación. |