Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. Valórase a realización de controis prácticos (punto 2º infra) |
20 |
|
B1 B2 B3 B6 B13
|
|
|
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Ás que se refire o punto 2º infra. Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. |
20 |
|
B1 B2 B3 B6 B13
|
|
|
1. Valorarase a asistencia ás clases teóricas e prácticas, ata un 10% da calificación final. Para obter dita valoración é necesario acudir como mínimo ó 85% das mesmas. 2.- Realizaránse un máximo de dous controles teóricos e prácticos ó longo do curso, que conxuntamente, suporán o 40% da calificación final.
3.- Haberá asemade dous exámes parciais longos que suporán o 50% da calificación total, sempre que se acade un mínimo de 2 puntos sobre 5 en cada un deles. 4.- Aqueles alumnos que non desexen, ou non poidan seguir o sistema de avaliación continua descrito, poderán presentarse a un exámen final único teórico-práctico en todas as convocatorias que suporá o 100% da calificación (50% parte teórica, 50% parte práctica). Este sistema aplicarase tamén na convocatoria extraordinaria de fin de carreira, agás o alumnado que quera conservar a porcentaxe correspondente de avaliación continua (50%). As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-16 |