O inicio do curso, os alumnos deberán manifestar a sua intención -ou non- de acollerse ó sistema de avaliación continua. A tal fin, os profesores da materia proporcionaranlles un documento que aqueles deberán cubrir e asinar.
Primeira oportunidade de examen (convocatoria de Xaneiro)
A.- O alumno que se acolla ó sistema de avaliación continua deberá asistir regularmente ás clases presenciais e será evaluado conforme os criterios que se han indicado mais arriba (asistencia, estudo/resolución de casos -30% da calificación- e proba final objetiva -70%-). Estos alumnos nunca serán avaliados mediante un exame final que represente o 100% da calificación da materia.
B.- O alumno/a que non cubra e asine o documento presentado polos profesores da materia, o inicio do curso, non terán dereito a ser avaliados segundo o sistema de avaliación continua. Por tanto, estes alumnos deberán someterse a una proba final obxectiva (exame final) que representará o 100% da sua calificación final.
Segunda oportunidade de examen (convocatoria de Xullo)
No exame da convocatoria de Xullo só se realizará unha proba final obxectiva, e a sua valoración dependerá de si o alumno se acolleu ó sistema de evaliación continua (70% da calificación final), ou non (100% da sua calificación).
Así, ós alumnos que se sometan ó sistema de avaliación continua, conservaráselle a nota de dito sistema. Esto é, se o alumno non superase a materia na convocatoria de Xaneiro (primeira oportunidade de exame), non perdería a calificación obtida ó longo do proceso de avaliación, xa que se lle conservaría dita calificación.
Nembargantes, se o alumno non aprobase a materia nos citados exames do curso académico (Xaneiro ou Xullo), pasando a outro curso académico diferente, tería que, obligatoriamente, someterse de novamente ó proceso de avaliación continua e realizar a proba final obxectiva. Quere porse de manifesto que as calificacións obtidas no proceso de avaliación continua non se gardan dun curso académico para outro.
Convocatoria de Fin de Carreira:
No exame da convocatoria de Fin de Carreira só se realizará unha proba final obxectiva, cuxa valoración será o 100% da cualificación final.
* DATAS DAS PROBAS DE EVALUACIÓN: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-16. |