1. Valorarase a asistencia ás clases teóricas e prácticas, ata un 10% da calificación final. Para obter dita valoración é necesario acudir como mínimo ó 85% das mesmas. 2.- Realizaránse casos prácticos ó longo do curso e diversas probas teóricas de preguntas curtas ou tipo test, que conxuntamente, suporán o 40% da calificación final.
3.- Haberá dous exámes parciais que suporán o 50% da calificación total, sempre que se acade un mínimo de 2 puntos sobre 5 en cada un deles. 4.- Aqueles alumnos que non desexen, ou non poidan seguir o sistema de avaliación continua descrito, poderán presentarse a un exámen final único teórico-práctico que suporá o 100% da calificación (50% parte teórica, 50% parte práctica). Este sistema aplicarase tamén na convocatoria extraordinaria de fin de carreira. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015-16, dacordo co cronograma da materia. |