1. Primeira avaliación (xaneiro): O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final. a) Avaliación continua: O estudante que se someta á avaliación continua realizará durante o cuadrimestre dúas probas teóricas, cuxa nota media constituirá o 25% da calificación final, e unha proba práctica que constituirá tamén o 25% da calificación final. A avaliación completarase cun exame final. Este exame representa o 50% da nota final, pero ten que ser superado cun 5 sobre 10 para que se sume á nota media obtida na avaliación continua. b) Examen final: O estudante que non se someta á avaliación continua realizará un exame final que representa o 100% da calificación da materia. O exame constará de dúas partes: unha teórica e unha práctica. Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha das partes, a parte teórica e a parte práctica. Una vez superadas, a nota global resultará da suma de ambas. 2. Segunda avaliación (xullo): Consistirá para todos os alumnos nun examen final único que representa o 100% da calificación da materia. O exame constará de dúas partes: unha teórica e outra práctica. Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha das súas partes, a parte práctica e a teórica. Unha vez superadas cada unha delas, a nota resultará da suma de ambas. 3. Convocatoria de fin de carreira: Consistirá para todos os alumnos nun examen final único que representa o 100% da calificación da materia. O exame constará de dúas partes: unha teórica e outra práctica. Para superar o exame e ter a condición de aprobado esíxese superar cada unha das súas partes, a parte práctica e a teórica. Unha vez superadas cada unha delas, a nota resultará da suma de ambas. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias (1ª edición de actas, 2ª edición de actas e Fin de Carreira) serán as especificadas no calendario de probas de avaliacion aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2015/2016. |