Actividades introdutorias |
Sesións introdutorias, realizadas a través de vídeoconferencia ou da a sala virtual da plataforma E-meeting, para tomar contacto e reunir información sobre o alumnado así como presentar a materia: os seus contidos teóricos, materiais e recursos dispoñibles, resultados da aprendizaxe e probas de avaliación. |
Titoría en grupo |
Sesións nas que o alumnado dialogará co profesorado da materia para o asesoramento e desenvolvemento das actividades e do proceso da aprendizaxe. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Análise dun problema ou caso real coa finalidade de demostrar por parte do alumnado o dominio das ferramentas necesarias para a consulta e utilización de fontes documentais, gráficas e fotográficas relacionadas cun ben cultural elixido polo/a estudante co fin de elaborar un informe histórico-artístico. |