Estudo de casos/análises de situacións |
Resolución de casos reais ou simulados, en que o alumnado terá que propor a metodoloxía de tratamento máis axeitada, en base ao exposto nas sesións previas. Os casos serán discutidos mediante a participación en foros, e serán tutorizados de xeito persoal ou grupal e enviados para a súa corrección a través da plataforma docente. |
Proxectos |
Ensino baseado en proxectos de aprendizaxe (ABP): os estudantes levan a cabo a realización dun proxecto sobre unha temática concreta nun tempo determinado a partir dun conxunto de cuestións formuladas polo profesor que o alumno debe resolver para desenvolver determinadas competencias previamente definidas. |