Nesta materia, impártense os contidos teóricos e prácticos necesarios para que o alumno adquira a habilidade de realizar unha toma de mostras adecuada e a selección de métodos analíticos máis idónea co obxecto de caracterizar os materiais dun ben inmoble e diagnosticar o seu estado de conservación.