Observación sistemática |
Participación activa a través de medios telemáticos na plataforma Moodle, especialmente en relación cos temas de debate propostos.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Capacitar ao alumnado para elaborar catálogos e cartas de risco para un conxunto patrimonial pechado, empregando as tecnoloxías á súa disposición e considerando a necesidade de difundir esa información. |
30 |
A3 A4
|
B1
|
C4
|
D3
|
O alumno ten dereito a unha avaliación continua, ademais dunha data de convocatoria oficial ordinaria e outra extraordinaria. A avaliación continua é o cauce proposto para a finalización da materia no prazo mínimo posible, que se corresponde co mes aproximado de duración da materia. Neste procedemento de avaliación continua o alumnado deberá cubrir unha serie de pequenos exercicios, traballos, participación na plataforma Moodle, etc. A avaliación continua implica asistencia e participación nas actividades presenciais. Neste prazo dun mes o profesorado estará a plena disposición do alumnado en todo momento, dentro dun horario laboral normal, cuns prazos de resposta moi curtos. Os procedementos de avaliación ordinaria e extraordinaria están pensados para o alumnado que non poida rematar a materia no tempo pensado, por problemas de rendemento académico, por problemas de tempo ou por falta de presencialidade. Habilitaranse uns periodos de entrega e avaliación adicionais en torno a Xaneiro (ordinario) e Xullo (extraordinario). Neses prazos o alumnado deberá realizar e entregar outros exercicios e traballos, diferentes ós previstos para a avaliación continua (pero que cubrirán as mesmas competencias) e que serán explicados con detalle na plataforma Moodle. Este procedemento ordinario e extraordinario non implica un seguemento exhaustivo do alumno por parte do profesorado: poderán solicitarse titorías para cuestións concretas, pero o profesorado non poderá estar a plena disposición da mesma maneira nin no mesmo horario que no prazo de avaliación continua. Máis información na plataforma Moodle da materia "Catalogación e Risco". |