Actividades introdutorias |
Sesión de 1 hora de duración destinada á presentación da materia, da docente e a toma de contacto co alumnado. Despois de realizar unha breve presentación e toma de contacto entre a docente e o alumnado, explicarase a contorna no que se desenvolverá o módulo (a través de ferramentas de teleformación e telecomunicación); presentarase a materia e os seus obxectivos básicos; realizarase unha explicación básica dos contidos de cada tema e os principais recursos para a súa aprendizaxe; así como o calendario, metodoloxía e criterios de avaliación. Finalmente explicaranse os recursos dispoñibles para porse en contacto coa docente e os compañeiros, formular preguntas ou realizar tutorías online.
|
Titoría en grupo |
Estarán a disposición do alumnado 4 horas de tutoría en grupo coa finalidade de orientación, asesoramento e resolución de dúbidas no proceso de aprendizaxe a través de medios de teleformación.
|
Estudo de casos/análises de situacións |
Proporase a análise dun ou varios problemas ou casos reais, coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, como medio encamiñado á aplicación práctica da teoría estudada na materia. Realizarase a través de medios de teleformación. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividades vinculadas ao desenvolvemento da reflexión, o debate, a crítica e a xeración aberta de alternativas e hipóteses de solución, utilizando os coñecementos e habilidades que pretenden desenvolverse a través desta materia. Realizarase a través de medios de teleformación. |
Outros |
Será accesible a todo o alumnado, a utilización de tutorías personalizadas e o coñecemento de eventos docentes ou divulgativos de especial relevancia para o mellor aproveitamento da materia. |