Código |
Descrición |
A1 |
Coñecer e identificar a estrutura e funcións do corpo humano. Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos. |
A2 |
Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría. |
A3 |
Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os mecanismos de acción dos mesmos. |
A4 |
Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo. |
A6 |
Identificar os nutrientes e os alimentos en que se atopan. |
A7 |
Identificar os problemas nutricionais máis habituais e seleccionar as recomendacións dietéticas adecuadas. |
A8 |
Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde. |
A9 |
Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital. |
A10 |
Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións da saúde (en particular, a enfermidade e o sufrimento), seleccionando as accións axeitadas para proporcionarlles axuda nesas situacións. |
A11 |
Establecer unha relación empática e respectuosa co paciente e a familia, acorde coa situación da persoa, problema de saúde e etapa de desenvolvemento. |
A12 |
Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses. |
A13 |
Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado. |
A15 |
Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría. |
A16 |
Comprender dende unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes. |
A17 |
Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade das persoas atendidas. |
A18 |
Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría. |
A22 |
Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. |
A28 |
Coñecer as alteracións da saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases. |
A29 |
Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. |
A30 |
Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. |
A31 |
Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares. |
A32 |
Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde. |
A41 |
Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecemento e a súa repercusión na saúde. |
A42 |
Identificar as modificacións estruturais, funcionais, psicolóxicas e de formas de vida asociadas ao proceso de envellecer. |
A43 |
Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes nos anciáns |
A44 |
Seleccionar as intervencións coidadoras dirixidas a tratar ou a previr os problemas de saúde e a súa adaptación á vida diaria mediante recursos de proximidade e apoio á persoa anciá. |
A48 |
Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría. |
A49 |
Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia. |
A50 |
Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores. |