Guia docente 2014_15
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica I
   Competencias de titulación
Código Descrición
A2 Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría.
A4 Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo.
A8 Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
A9 Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital.
A10 Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións da saúde (en particular, a enfermidade e o sufrimento), seleccionando as accións axeitadas para proporcionarlles axuda nesas situacións.
A11 Establecer unha relación empática e respectuosa co paciente e a familia, acorde coa situación da persoa, problema de saúde e etapa de desenvolvemento.
A12 Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
A15 Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
A17 Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade das persoas atendidas.
A18 Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
A22 Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade.
A31 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
A49 Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
A50 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
A53 Coñecemento relevante e capacidade para aplicar Ciencias básicas e da vida.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000