Guia docente 2014_15
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Estatística: Estatística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por o docente.
Estudo de casos/análises de situacións Aplicación a nivel práctico da teoría dun ámbito de coñecemento nun contexto determinado. Exercicios e problemas prácticos.
Prácticas autónomas a través de TIC Prácticas guiadas. Obxectivo: adquirir as destrezas, coñecementos, aptitudes e actitudes recollidas nos contidos da materia mediante a interacción cos sistemas e recursos informáticos dispoñibles.
Obradoiros Realización de actividades prácticas variadas relacionadas cos contidos da materia. Exercicios prácticos a través das TIC. Simulacións a través das TIC. Obxectivo: Utilizar programas e recursos informáticos tanto do ámbito profesional como xenéricos.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Prácticas autónomas. Realización de actividades prácticas variadas relacionadas cos contidos da materia. Exercicios prácticos a través das TIC. Simulacións a través das TIC. Traballo autónomo do alumnado. Obxectivo: adquirir as destrezas, coñecementos, aptitudes e actitudes recollidas nos contidos da materia mediante a interacción cos sistemas e recursos informáticos dispoñibles. Utilizar programas e recursos informáticos tanto do ámbito profesional como xenéricos.
Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesorar/desenvolver actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado e a presentar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000