2 Neurofisioloxía |
Fisioloxía muscular: unidade motora. Tipos de contracción. Fisioloxía do sistema nervioso. O impulso nervioso. Neurotransmisores. Condución do impulso nervioso: potencial de membrana en repouso, potencial local e potencial de acción. Fisioloxía dos órganos dos sentidos xerais e especiais. Fisioloxía da cortiza cerebral. Aprendizaxe e memoria. O sono e a vixilia. O electroencefalograma. Vías nerviosas motoras e sensitivas. Os reflexos. |
4 Fisioloxía vascular |
Funcionamento do corazón. Subministración sanguínea ao músculo cardíaco. Ciclo cardíaco. Sistema de condución. Electrocardiograma. Hemodinámica vascular. Arterias, veas e capilares. Circulación linfática. Circulación sistémica e pulmonar. |
6 Fisioloxía dixestiva |
Principios xerais. Motilidade intestinal: conceptos de peristaltismo e ton: tipos funcionais de movementos no tubo dixestivo. Control nervioso da función gastrointestinal. Sistema nervioso entérico. Fluxo sanguíneo gastrointestinal. Circulación espláncnica. A dixestión: encimas e dixestión química. Dixestión e absorción dos principios inmediatos. Función do aparato dixestivo. Secrecións salivares, esofáxica e gástrica. O páncreas, o fígado e a vesícula biliar: as súas secrecións. Secreción intestinal. Nutrición e metabolismo enerxético. Metabolismo dos principios inmediatos. Vitaminas e minerais. |
8 Fisioloxía endócrina |
Mecanismo de acción hormonal. Clasificación química e funcional das hormonas. Regulación da secreción hormonal. Sistema hipotálamo-hipofisario: hipotálamo, talo hipofisario, adenohipófise e neurohipófise. Hormonas hipotálamo-hipofisarias: funcións e regulación. ADH e oxitocina. Funcións fisiolóxicas. Hormonas tiroides e calcitonina. Hormonas paratiroides: regulación do calcio e fosfato no organismo. Relación coa calcitonina. Hormonas pancreáticas e regulación da glicemia. Hormonas adrenais: corticais (o cortisol, a aldosterona e os esteroides sexuais) e medulares (catecolaminas). O estrés. Catecolaminas e sistema nervioso vexetativo. As hormonas sexuais masculinas e femininas: O ciclo ovárico. Menarquía. Ciclo menstrual, e menopausa. A placenta. A melatonina. O sistema APUD. As prostaglandinas. |