Tecnoloxía de Materiais é unha materia de segundo curso, común a Rama de Minas e de marcado carácter tecnolóxico básico. O obxectivo que se persegue é presentar dun xeito comprensible ós alumnos, os fundamentos da Ciencia e Tecnoloxía dos Materiais, centrándonos na relación estrutura interna – propiedades – procesado dos materiais.
Os resultados perseguidos da aprendizaxe céntranse en:
• Comprender os conceptos fundamentais de enlace, estrutura e microestrutura dos distintos tipos de materiais.
• Comprender a relación entre a microestrutura do material e o seu comportamento mecánico, eléctrico, térmico e magnético.
• Coñecer as técnicas básicas de caracterización estrutural dos materiais.
• Adquirir habilidades no manexo dos diagramas e gráficos.
• Ser capaz de interpretar e aplicar normas de ensaios de materiais.
• Adquirir habilidade na realización de ensaios.
• Analizar os resultados obtidos e extraer conclusións dos mesmos.
• Desenvolver rigor científico e metodoloxía experimental na formulación e resolución de problemas relacionados coa Tecnoloxía de Materiais.