- Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no cuadrimestre, sendo a asistencia as mesmas de carácter obrigatorio. No caso de non superala, realizarase un exame de prácticas na segunda convocatoria. - A avaliación das prácticas para o alumnado que renuncie oficialmente á Avaliación Continua, realizarase nun exame de prácticas nas dúas convocatorias. - Deberanse superar ambas as partes (proba escrita e prácticas) para aprobar a materia, obténdose a nota total segundo a porcentaxe indicada máis arriba. No caso de non superar as dúas ou algunha das partes, poderase aplicar un escalado ás notas parciais de xeito que a nota total non supere o 4.5. - No exame final poderase establecer unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións para superalo mesmo. - Na segunda convocatoria do mesmo curso o alumnado deberase examinar das partes non superadas na primeira convocatoria, cos mesmos criterios daquela. Calendario de exames: - fin de Carreira: 09:00 – 21/10/2014 - convocatoria ordinaria 1º período: 10:00 – 16/01/2015 - convocatoria ordinaria 2º período: 10:00 – 07/07/2015 Esta información pode verificarse/consultarse
de forma actualizada na páxina web do centro: http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=57,0,0,1,0,0
|