Guia docente 2014_15
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
 Materias
  Medidas de Protección do Menor en Situación de Risco e Desamparo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas mediante a aplicación dos coñecementos adquiridos, da información dispoñible e a interpretación dos resultados.

Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, e adestrarse en procedementos alternativos de solución.

O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara investigacións, memorias, resumos de lecturas e conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
60
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.

Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral...
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1º Para que o/a alumno/a sexa avaliado deberá asistir como mínimo ao 60% das clases. O/a alumno/a que puntualmente e por motivos xustificados non poida completar a asistencia ao 60% das clases, deberá poñerse en contacto con coordinador/a da materia, quen avaliará se a puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se lle indiquen.
2º Pola asistencia a clase o/a alumno/a poderá obter ata un 40% da cualificación
3º O 60% restante da cualificación final resultará da avaliación das actividades establecidas na guía docente da materia.
4º.- Na segunda convocatoria, o/a alumno/a deberá entregar os traballos ou actividades exisidas na materia ao longo do curso, e ademáis deberá presentarse a unha proba final, teórica e/ou práctica.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000