Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas mediante a aplicación dos coñecementos adquiridos, da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara investigacións, memorias, resumos de lecturas e conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... |
60 |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral... |
40 |
1º Para que o/a alumno/a sexa avalidado deberá asistir como mínimo ao 60% das clases. O/A alumno que puntualmente e por motivos xustificados non poida completar a asistencia ao 60% das clases, deberá poñerse en contacto co/a coordinador/a da materia, quen avaliará se a puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avalidación que se lle indiquen.
2º Pola asistencia á clase o/a alumno poderá obter ata un 40% da cualificación final.
3º O 60% restante da cualificación final resultará da avalidación das actividades establecidas na Guía docente da materia.
4º En segunda convocatoria, o/a alumno/a deberá entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo do curso e, ademáis, presentarse a unha proba final, teórica e/ou práctica.
|