SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA: Realizarase avaliación continua para aqueles estudantes que asistan regularmente e realicen os os traballos propostos ao longo do curso. Aqueles estudantes que non poidan asistir, por razóns profesionais ou persoais, con continuidade regular ás horas presesenciais pero queiran participar na avaliación continua, deberán presentar os traballos requiridos ao longo do curso nas datas sinaladas. Neste caso, a avaliación continua contará como un 40% da avaliación final e as probas de resposta longa un 60%. PROBA FINAL: Aqueles estudantes que non participen da avaliación continua, realizarán unha proba final (100% da evaluacion) que constase de dúas preguntas de desenvolvemento longo (80% da avaliación) e unha pregunta de contido práctico (20% da avaliación) SEGUNDA CONVOCATORIA (MES DE XULLO): Na segunda convocatoria teranse en conta as seguintes situacións: a.- Estudantes que seguiron regularmente o curso e seguiron a avaliación continua: manterase a nota e a porcentaxe da avaliación para aquela parte superada da materia. Deberán superar a parte avaliada negativamente presentando o día de exame os traballos correspondentes. b.- Estudantes que participaron na avaliación continua sen asistencia regular ao curso, deberán realizar unha proba daquela parte non superada manténdose as porcentaxes da avaliación. c.- Estudantes que non participaron da avaliación continua deberán realizar a proba nas mesmas condicións que na primeira convocatoria. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA FIN DE CARREIRA
Constará dunha proba escrita na que se realizarán dúas preguntas de resposta longa (80%) e unha proba práctica (20%) |