Para aprobar a materia é necesario superar as probas de avaliación dos 2 bloques (Socioloxía e Dereito do Traballo). Para que se poida ter en conta a avaliación contínua, cómpre que se obteña, cando menos, un 4 (catro) nun exámen final. SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL: Aqueles/as alumnos/as que no se acollan ao sistema de avaliación continua serán avaliados nun exámen final. Trátase dunha proba escrita sobre todos os continidos de materia e representará o 100% da nota final e será evaluado de 0 a 10 puntos. CONVOCATORIA ORDINARIA MES DE XULLO: Se o alumno non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de decembro/xaneiro, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica. CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a será avaliado nun único examen escrito, a celebrar según o calendario oficial do Centro, que representará o 100% da nota final e será avaliada de 0 a 10 puntos. DATAS DE PROBAS FINAIS: Convocatoria de Fin de Carreira: 17 Outubro, 2014. Convocatoria do 1º Período: 16 Xaneiro, 2015. Convocatoria de Xullo: 9 Xullo, 2015. |