SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL: O alumnado deberá obter un mínimo dun 2,5 na proba final de coñecementos adquiridos no curso, para engadirlle a puntuación obtida nas prácticas, sendo necesario un 5 en total para superar a materia. O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado nun exame final. Será unha proba escrita de caracter teórico-práctico, sobre os contidos impartidos na materia, e representará o 100% da nota final. CONVOCATORIA DE XULLO: Se o alumno non supera a materia na convocatoria ordinaria, a nota obtida nas prácticas durante o curso conservarase para a dita convocatoria. CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: O alumnado poderá presentarse a unha proba final segundo o calendario oficial do Centro que se avaliará de 0 a 10 puntos. |