Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Historia: Historia das relacións laborais no mundo contemporáneo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentación ante o grupo do traballo realizado e participación nos debates posteriores. 15
Traballos tutelados Valoración do traballo en grupo proposto que debe ser entregado na plataforma TEMA no prazo estipulado 15
Prácticas en aulas de informática Asistencia e participación 5
Sesión maxistral Asistencia e participación 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita final sobre os contidos expostos nas clases teóricas 40
Informes/memorias de prácticas Informe escrito do traballo de investigación realizado en equipo 5
Probas de autoavaliación Informe escrito de autoavaliación do traballo individual realizado 5
Probas de tipo test Valoración das probas escritas tipo test realizadas na platafoma dixital TEMA 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para os alumnos/as que participaron nas clases presenciais e realizaron as probas prácticas durante o curso:

- Na primeira convocatoria o alumnado realizará unha proba escrita de 4 ou 5 preguntas de resposta longa. Esta proba escrita suporá o 40 % da cualificación final, e versará sobre os contidos expostos durante as sesións maxistrais. Para facer media con a nota obtida nas prácticas e na avaliación continua, os alumnos deben acadar na proba escrita una nota mínima de 4 (sobre 10 puntos posibles).

- Na segunda convocatoria os alumnos/as que o desexen, manterán a nota das probas prácticas e da Avaliación Continua, que suporá o 60 % da cualificación final. Ademais realizarán unha proba escrita final de 4 ou 5 preguntas de resposta longa na que deberán acadar una nota mínima de 4 (sobre 10 puntos posibles) e suporá o outro 40 % da nota final. A proba escrita versará sobre os contidos expostos durante as sesións maxistrais de carácter teórico.

Para os alumnos/as que non participaron nas clases presencias e non realizaron probas prácticas durante o curso:

- É moi oportuno que o alumnado que non poda participar nas prácticas ou nas clases presenciais poda poñerse canto antes en contacto con o profesor da materia (por e-mail, mediante a plataforma Faitic, ou nas titorías) para recibir as indicacións mais importantes que permitan organizar o traballo da materia. Os alumnos deberán superar con unha nota mínima de 5 unha proba mixta de preguntas de resposta longa e curta pola que poderán acadar o 100 % da cualificación final. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, tanto das clases clases presenciais e teóricas como das probas prácticas realizadas durante o curso. Isto motivará o alumnado a desenvolver as súas competencias na aprendizaxe autónoma, na toma de decisións, no traballo individual e nas relacións interpersoais.

Para o alumnado que non supere durante o curso a Proba Final, pero si as prácticas e a Avaliación continua:

- Poderán manter a nota obtida nas prácticas e na Avaliación continua para o curso seguinte, no que deberán superar a Proba escrita Final con unha nota mínima de 5.

Para o alumnado da convocatoria Fin de Carreira:

- O alumnado deberá superar con unha nota mínima de 5 unha proba mixta de preguntas de resposta longa ou curta, pola que poderán acadar o 100 % da cualificación final. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, tanto das clases clases presenciais e teóricas como dos contidos prácticos. Isto motivará o alumnado a desenvolver as súas competencias na aprendizaxe autónoma, na toma de decisións, no traballo individual e nas relacións interpersoais.

DATAS SINALADAS PARA AS PROBAS FINAIS ESCRITAS: 

20 de DECEMBRO de 2014 e 9 de XULLO de 2015

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: 17 de Outubro de 2014.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000