A Web, concibida inicialmente como un sistema sinxelo para a distribución telemática de información, chegou a ser no seu conxunto a base de datos máis extensa e heteroxénea existente na actualidade. Ademais, a Web converteuse nunha importante plataforma de acceso a sofisticados servizos telemáticos en moi diferentes dominios, tales como o comercio, a educación, a administración pública e privada, a saúde, o ocio, etc.
O obxectivo fundamental desta materia é internarse nas principais técnicas e mecanismos que subxacer no desenvolvemento das aplicacións Web, é dicir, das aplicacións software que ofrecen servizos aos seus usuarios accesibles a través dun navegador Web. Non é obxecto desta materia afondar nas tecnoloxías para a construción de páxinas web dinámicas (suponse que o alumno ten coñecementos previos destes aspectos), senón analizar as técnicas e adquirir as competencias necesarias para, por un lado, ser capaz de localizar e facer uso do "coñecemento" implícito existente na Web e, por outro lado, ser capaz de deseñar e desenvolver servizos de forma acorde aos modelos de distribución de software que predominan na Web.