Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Matemática Industrial
 Materias
  Métodos Numéricos para Ecuacións en Derivadas Parciais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios puntúanse os exercicios entregados resoltos. A data tope para entregar estes exercicios é o día do exame, ao final do cuadrimestre. 25
Prácticas en aulas de informática As prácticas de laboratorio serán presenciais(en Vigo para o alumnado matriculado nas universidades Galegas) e terán lugar os martes día 2 e 16 de decembro. Todas puntúan igual. 40
Sesión maxistral puntúase a asistencia e participación en clase. 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consiste nunha proba escrita ao final do bimestre de dúas horas de duración. Segundo o calendario previsto será en Vigo o 23 de xaneiro ás 10 h. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. É unha práctica máis de laboratorio, de dúas horas de duración, que o alumno debe resolver de forma autónoma o mesmo día da proba de resposta longa. Segundo o calendario previsto o 23 de xaneiro. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segunda oportunidade:

o alumnado que seguira avaliación continua (EC) poderá entregar, si non o fixo antes, os exercicios individuais e deberá repetir o exame.

Se, por razóns excepcionais no ten seguido avaliación continua terá dereito a un único exame sobre todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos. Este exame será sen apuntes nin material auxiliar, durará mais que o de EC e terá unha estrutura diferente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000