Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OP
4
1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría telemática
Coordinador/a
Burguillo Rial, Juan Carlos
Correo-e
jrial@uvigo.es
Profesorado
Burguillo Rial, Juan Carlos
Costa Montenegro, Enrique
Web
Descrición xeral
Este curso comezará introducindo a noción de axente, para comprender que é, como construílo e como poden, os axentes interactuar para modelar e resolver problemas complexos. Posteriormente relacionaranse co deseño, implementación e aplicación de axentes intelixentes e Sistemas Multiaxente nos sistemas de comunicacións actuais e relacionaranse con outras paradigmas actuais como: a programación orientada a obxectos, os axentes móbiles, a xestión distribuída de redes, os interfaces de usuario adaptativos e o comercio electrónico.
Os alumnos aprenderán a programar sistemas multiaxente e usalos en terminais móbiles en Android. Ademáis realizarán un traballo común en grupo, onde estenderán o aprendido a temas do seu interese persoal relacionados co visto ao longo da carreira.
Esta materia, por defecto, impartirase e avaliarase en castelán. No entanto, consultarase ao alumnado a posibilidade de impartila e avaliala total ou parcialmente en inglés. En calquera caso, a documentación da materia estará en inglés.