Presentacións/exposicións |
Avaliarase tanto a calidade do traballo realizado, como a calidade da presentación. Para que esta avaliación fágana os propios alumnos (autovaloracións e valoracións cruzadas) facilítaselles unha Rúbrica na que se detalla a forma de realizar as valoracións dos diferentes aspectos.
Evalúase aquí a competencia A9 (CG9) |
30 |
Esta materia exponse para que a aprendizaxe sexa automático para aqueles que fan un seguimento continuo do traballo de clase. (É como aprender un idioma introducido nun grupo de conversación nese idioma: Basta con estar aí e participar no grupo). Usaremos unhas ferramentas para realizar uns traballos. Explicaremos aos nosos compañeiros o que imos facer, como o imos facendo e finalmente o que realizamos. Con esta dinámica aprendemos a usar as ferramentas á vez que facemos un proxecto. Vemos como as usan os nosos compañeiros e como realizan os seus proxectos. Podemos axudar a outros e ser axudados por outros. Gozamos facendo e aprendemos a valorar tanto o noso traballo como o que vemos dos nosos compañeiros. E bo. Finalmente hai que pór unha nota. Pero pouco importa xa a nota. Se aprendemos, e gozamos, o beneficio fundamental xa o recollemos. Os que non aproveitaron o anterior, preocúpanse da nota. Para eles, e para os que non demostraron os coñecementos mínimos, creamos unha Segunda oportunidade e unha Avaliación non continua ó finalizar o curso académico. |