Traballos de aula |
Revisión da marcha dos proxectos, con presentacións curtas e discusións. |
Presentacións/exposicións |
Cada equipo ten que defender o seu proxecto nunha presentación oral final e nunha sesión de pósteres. A presentación pode ser feita por un ou máis membros do equipo, e ten que incluír
evidencias que ilustren o traballo realizado e os resultados acadados. Ao final da
presentación todos os membros teñen que estar dispoñíbeis para o turno de preguntas. A sesión de pósteres require a presenza de tódolos membros do equipo. Con alomenos tres días de antelación deberá enviarse un resumo executivo ao comité avaliador.
|