Saídas de estudo/prácticas de campo |
Visitas a lugares onde se aplican conceptos revisados na asignatura (estudos de radio, estudos de gravación, etc.). Condicionadas a disponibilidade e financiamento. Competencias relacionadas: A43. |
Proxectos |
Traballo colaborativo en grupo reducido sobre un deseño complexo que fai uso de varios temas tratados na asignatura. Faise un seguimento periódico do traballo e requírese o traballo en grupo, repartición de roles, posta en común, planificación, elaboración de memorias técnicas e defensa pública de resultados. Competencias relacionadas: A3, B3, A43 E A44. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos da materia, fomentando a discusión crítica dos conceptos. Séntanse as bases teóricas de algoritmos e procedementos usados para resolver problemas. Competencias relacionadas: A3, B3, A43, A44, A46. |