Avaliación Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre. - Avaliación continua
- Avaliación ao final do cuadrimestre
- Recuperación no mes de xuño-xullo.
AVALIACIÓN CONTINUA A avaliación continua da materia consistirá en: - 4 exercicios puntuables relacionados coas prácticas de laboratorio, de 30 minutos de duración cada unha, no horario das clases de laboratorio. Estas probas contarán un 40% da nota final.
- 1 proxectos puntuable realizado en grupo nas horas tipo C, que contará un 20% da nota final.
- Proba de contidos sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais e de laboratorio. Terá lugar nas datas que especifique a Escola. O obxectivo desta proba é coñecer o nivel de comprensión por parte do estudante dos catro temas desenvoltos no curso. A proba constará de exercicios e preguntas a contestar en dúas horas, podendo utilizar o estudante libros, as notas de clase maxistral e de laboratorio, e os materiais depositados adicionalmente en faitic. Esta proba contará un 40% da nota final.
A cualificación final do estudante será calculada por agregación ponderada (40%, 20% e 40%, respectivamente) das cualificacións de laboratorio, proxectos en grupo e proba de contidos. En todo caso a superación da materia requirirá que a cualificación na proba de contidos supere o nivel de 25 puntos sobre 100. Ningunha destas probas é recuperable, e a súa cualificación poderá ser conservada ao longo do curso 2013-2014. A cualificación final do estudante vén determinada nun 60% polas probas efectuadas ao longo do curso. Os contidos e o peso de cada proba de avaliación continua son os seguintes: Análise de Fourier mediante DFT. Terá lugar na cuarta semana do curso. Filtrado adaptativo. Se entregará na sexta semana do curso. Deseño e implementación de filtros FIR e IIR. Terá lugar na décima semana do curso. Procesado multitaxa e bancos de filtros. Terá lugar na decimoterceira semana do curso. - Proxecto: (20%) Aplicación práctica dos contidos do curso. Entregarase na decimocuarta semana do curso.
AVALIACIÓN AO FINAL DO CUADRIMESTRE Se un estudante quere renunciar á avaliación continua, poderá presentarse a un exame final único que terá lugar o mesmo día da proba de contidos especificada anteriormente. Previamente á realización do exame, o estudante deberá asinar un formulario no que expresamente renuncia ao procedemento de avaliación continua. Esta exame terá unha duración de 3 horas e constará de 5 exercicios sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais, de laboratorio, e de titoría especializada, nas mesmas condicións especificadas para a devandita proba de contidos. Convocatorias Primeira oportunidade para aprobar a materia (Decembro) Se o estudante supera a materia neste período, a súa nota será definitiva e pasará a formar parte do seu expediente académico. Se o estudante non supera a materia, farase unha anotación provisional de suspenso no seu expediente coa nota obtida. Segunda oportunidade para aprobar a materia (Xuño-Xullo) En xuño-xullo só se realizará a proba de contidos, ou no seu caso o exame final, para aqueles estudantes que non aprobaran a materia en decembro. Se un estudante quere renunciar á avaliación continua nesta convocatoria, poderá presentarse ao exame final. Previamente á realización do exame, o estudante deberá asinar un formulario no que expresamente renuncia ao procedemento de avaliación continua. O estudante figurará como “Non Presentado” se xa estaba nesta situación tralo primeiro período de avaliación e non realiza a proba correspondentes a este segundo período. Os suspensos provisionais pasarán a ser definitivos se o estudante non se presenta á proba de contidos, ou ao exame final no seu caso, deste segundo período. |